Comunidade Autónoma das Canarias
Por contribuíntes con discapacidade e maiores de 65 anos
Normativa: Art. 11 do Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Contía da dedución
-
400 € por cada contribuínte cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
- 160 € por cada contribuínte maior de 65 anos.
Ambas as dúas contías son compatibles entre si.
A determinación das circunstancias persoais e familiares que deban terse en conta para a aplicación desta dedución realizarase atendendo á situación existente na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
Condicións para a aplicación a dedución
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración correspondente ao exercicio en que se orixina o dereito á dedución non sexa superior a:
-
45.500 € en tributación individual.
-
60.500 € en tributación conxunta.
Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade
Normativa: Art. 14 ter Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Contía e base máxima da dedución
-
O 14 % das cantidades satisfeitas durante o período impositivo na adecuación da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a residencia habitual de:
-
Contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
A porcentaxe de dedución será do 18 % se o contribuínte fóra maior de 65 anos.
-
Contribuíntes cando a discapacidade igual ou superior ao 65 % sexa padecida polo cónxuxe, ascendentes ou descendentes que con eles convivan, sempre que aqueles, individualmente considerados, non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 35.000 €.
A porcentaxe de dedución será do 18 % se o cónxuxe, ascendentes ou descendentes fóra maior de 65 anos.
-
-
A base máxima da dedución será de 15.000 €.
A citada base minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución, sempre que tales axudas teñan a consideración de renda exenta aos efectos do IRPF.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
As obras e instalacións en que a adecuación consista deberán resultar estritamente necesarias para a accesibilidade e comunicación sensorial, de maneira que faciliten o desenvolvimiento digno e axeitado das persoas con discapacidade, extremo que terá que ser acreditado ante a administración tributaria mediante resolución ou certificado expedido pola consellaría competente en materia de valoración de discapacidade.
-
Cando dous ou máis contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución respecto dos mesmos ascendentes ou descendentes para un mesmo período impositivo, a base máxima da dedución ratearase entre eles por partes iguais.
Non obstante, cando os contribuíntes teñan distinto grao de parentesco co ascendente ou descendente, a aplicación da redución corresponderá aos de grao máis próximo.
-
A dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución, sempre que tales axudas teñan a consideración de renda exenta aos efectos do IRPF.
Límite conxunto da dedución
A suma do importe desta dedución canda o das deducións autonómicas “Por cantidades destinadas polos seus titulares á restauración, rehabilitación ou reparación de bens inmobles declarados de Interese Cultural”, “Por investimento en vivenda habitual” e “Por obras de rehabilitación enerxética da vivenda habitual" non poderá exceder o 15% da cota íntegra autonómica, recadro [0546] da declaración.
Por alugamento de vivenda habitual
Normativa : Art.15 Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Contía e límite máximo da dedución
-
O 24 % das cantidades satisfeitas no período impositivo polo alugamento da vivenda habitual.
-
O importe máximo da dedución será de 760 € anuais se o contribuínte ten unha idade igual ou superior a 75 anos e cumpre os requisitos de seguido comentados.
No réxime de tributación conxunta sumaranse os límites individuais de cada un dos contribuíntes.
Para os efectos de poder practicarse esta dedución requírese que o contribuínte satisfaga en calidade de arrendatario cantidades en concepto de alugamento da súa vivenda habitual durante o período impositivo. Por iso, en caso de matrimonio, calquera que sexa o seu réxime económico matrimonial, só serán deducibles as cantidades que satisfaga o cónxuxe asinante do contrato de arrendamento sen prexuízo de que tal contrato teña efectos internos entre o cónxuxes. Véxase ao respecto a Sentenza do Tribunal Supremo núm. 220/2009, do 3 de abril (Sala do Civil), recaída no recurso de casación núm. 1200/2004 (ROJ: STS 2464/2009)
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración correspondente ao exercicio en que se orixina o dereito á dedución, non sexa superior a:
-
45.500 € anuais en tributación individual.
-
60.500 € anuais en tributación conxunta.
-
-
Que as cantidades satisfeitas en concepto de alugamento excedan do 10 %da base impoñible xeral obtida polo contribuínte no período impositivo descontado, se o houber, o importe das subvencións que por este concepto percibise o arrendatario.
-
Enténdese por vivenda habitual aquela en que resida o contribuínte por un prazo superior a un ano.
-
A aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do número de identificación fiscal do arrendador, da identificación catastral da vivenda habitual e do canon arrendaticio anual.
-
A base da dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución, sempre que tales axudas teñan a consideración de renda exenta aos efectos do IRPF.
Por gasto de enfermidade (xeral)
Normativa: Art. 16 ter Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto-lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Contía da dedución
-
O 12 % dos gastos e honorarios profesionais abonados durante o período impositivo pola prestación de servizos realizada por quen teñan a condición de profesionais médicos ou sanitarios, agás farmacéuticos, conforme ao que se dispón nos artigos 2 e 3 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, por motivo da prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades, saúde dental, embarazo e nacemento de fillos, accidentes e invalidez, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.
-
O 12% dos gastos na adquisición de aparellos e complementos, incluídas os lentes graduados e as lentes de contacto, que polas súas características obxectivas soas poidan destinarse a suplir as deficiencias físicas das persoas.
Límites máximos da dedución
-
Esta dedución terá un límite anual de:
-
500 € en tributación individual.
-
700 € en tributación conxunta.
-
-
Estes límites incrementaranse en 100 € en tributación individual cando o contribuínte sexa unha persoa maior de 65 anos ou con discapacidade e acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
-
Para contribuíntes que obtivesen rendas superiores a l as indicado no punto seguinte o importe da dedución terá un límite anual de 150 €.
No réxime de tributación conxunta o importe máximo será de 150 € anuais por cada contribuínte, en virtude do que se dispón no artigo 2.3 do Texto Refundido.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
A suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración correspondente ao exercicio en que se orixina o dereito á dedución, non debe ser superior a:
-
45.500 € en tributación individual.
-
60.500 € en tributación conxunta.
-
-
A base conxunta desta dedución estará constituída polas cantidades xustificadas con factura, que deberá cumprir todas as condicións establecidas no Regulamento polo que se regulan as obrigas de facturación aprobado polo Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro.
A factura recibida polo contribuínte deberá conservarse durante o prazo de prescrición.
A dedución soa poderana aplicar as persoas titulares das facturas e que, pola súa parte, realicen o pagamento polos medios establecidos. Non obstante, se se trata de matrimonios en réxime de gananciais as cantidades satisfeitas atribuiranse a ambos os dous cónxuxes por partes iguais, polo que ambos os dous pais poderían aplicar a dedución sobre a metade das cantidades satisfeitas polos gastos orixinados polos fillos, aínda que a factura estea a nome dun só deles . No resto dos casos (separación de bens, parellas de feito, etc.) deberase acreditar quen satisfixo os gastos (a priori enténdese que o gasto satisfixoo o titular da factura, pero admítese proba que acredite que foi outro dos proxenitores) que será quen poida aplicar a dedución e pola totalidade das cantidades satisfeitas por el.
-
Cando se trate de gastos e honorarios abonados a profesionais médicos ou sanitarios, a aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do número de identificación fiscal do prestador de cada servizo e do seu importe anual.
-
A base da dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución, sempre que tales axudas teñan a consideración de renda exenta aos efectos do IRPF.
Por cotas satisfeitas á Seguridade Social pola contratación de empregados ou empregadas de fogar
Normativa : Art.16 quinquies do Texto Refundido das disposicións legais vixentes ditadas pola Comunidade Autónoma das Canarias en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto lexislativo 1/2009, do 21 de abril
Contía e límite máximo da dedución
O 20% das cantidades satisfeitas no período impositivo correspondente á cotización anual ao sistema especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social dun empregado ou empregada do fogar familiar, que constitúa a vivenda habitual do empregador ou empregadora, co límite de dedución de 500 € anuais. No réxime de tributación conxunta o importe máximo será de 500 € anuais por cada contribuínte.
Circunstancias que deben concorrer
A dedución resultará aplicable polos contribuíntes que se encontren en calquera das seguintes circunstancias :
-
Que teñan unha idade igual ou superior a 75 anos.
-
Que teñan unha idade superior a 65 anos se teñen a consideración de persoas con discapacidade física, orgánica ou sensorial cun grao igual ou superior ao 65 %ou con discapacidade cognitiva, psicosocial, intelectual ou do desenvolvemento cun grao igual ou superior ao 33 %.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
As cotas satisfeitas atribuiranse integramente ao contribuínte que figure como empregador agás matrimonios en réxime de gananciais en cuxo caso atribuiranse ao cónxuxes por partes iguais.
-
A aplicación da dedución queda condicionada á declaración por parte do contribuínte do número de identificación fiscal ou número de identidade de estranxeiro do traballador incluído no Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social que xera o dereito a esta dedución.
-
A dedución minorarase no importe das axudas concedidas polas Administracións Públicas no período impositivo de que se trate, que cubran a totalidade ou parte dos gastos que dan dereito á dedución, sempre que tales axudas teñan a consideración de renda exenta aos efectos do IRPF.