Saltar ao contido principal
Manual específico de Renda 2024 para persoas maiores de 65 anos
Procesando...

Presentación

A Axencia Estatal de Administración Tributaria ten entre os seus principais obxectivos axudar o cidadán no cumprimento das súas obrigas tributarias.

Con esta premisa, a Axencia Tributaria pon á súa disposición a edición do Manual específico do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF ) do exercicio 2024 para persoas maiores de 65 anos que constitúe, en calquera caso e no marco de campaña de Renda 2024, unha boa oportunidade para coñecer a normativa específica e actualizada do IRPF 2024 e en especial, dos beneficios fiscais para persoas maiores de 65 anos.

Este Manual divídese en catro partes claramente diferenciadas:

Na primeira delas enuméranse as rendas que habitualmente poden percibir as persoas maiores de 65 anos e que tributan como rendemento do traballo no IRPF.

Na segunda parte, enuméranse as rendas que especificamente veñen articuladas na normativa do IRPF  como exentas ou non suxeitas a tributación.

Na terceira parte, infórmase dos importes e demais cuestións relativas ao mínimo persoal, familiar e por discapacidade aprobada polo Estado e, se é o caso, os aprobados polas Comunidades Autónomas.

Por último, a cuarta parte inclúe as deducións estatais por persoas e as deducións autonómicas relacionadas con persoas maiores de 65 anos.

Finalmente, a súa confección neste formato dixital HTML permite que o acceso ao mesmo sexa posible polo máximo número de persoas e a súa disposición noutros idiomas ou linguas cooficiais. Ademais, esta versión HTML permite xerar un arquivo en formato PDF do contido do Manual, facilitando o desprazamento e navegación polo mesmo, así como, se se desexa, a súa impresión en papel.

Departamento de Xestión Tributaria