Saltar ao contido principal
Manual específico de Renda 2025 para persoas maiores de 65 anos

Comunidade Autónoma de Galicia

Por contribuíntes con discapacidade, de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas

Normativa: Art. 5. Seis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Contía e límite máximo da dedución

  • O 10 por 100 das cantidades satisfeitas a terceiros  polos contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 e que precisen axuda de terceiras persoas.

  • O límite máximo  da dedución é de 600 euros.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro minorado no importe dos mínimos persoal e familiar, suma dos recadros [0435] e [0460] da declaración menos o importe do recadro [0520] da declaración, non supere os seguintes importes:

    • 22.000 euros en tributación individual.

    • 31.000 euros en tributación conxunta.

  • Que acredite a necesidade de axuda de terceiras persoas.

  • Que o contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.

Polas axudas recibidas polas persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985

Normativa: Art. 5.Vinte e seis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

  • O importe desta dedución será o resultado de aplicar os tipos medios de gravame ao importe da axuda pública que se integre na base liquidable.

  • A dedución poderase aplicar polos contribuíntes que integren na base impoñible xeral do período o importe correspondente á axuda pública destinada ás persoas afectadas pola talidomida en España durante o período 1950-1985.

Ámbito temporal de aplicación da dedución

A dedución será aplicable ás axudas públicas percibidas e integradas polo contribuínte nas bases impoñibles xerais dos exercicios 2023 e sucesivos.

Nos exercicios 2023 e 2024 aplicarase a dedución rectificando a autoliquidación correspondente, aplicando os tipos medios de gravame da base liquidable xeral do exercicio correspondente e podendo utilizar o recadro outro deducións da Comunidade Autónoma de Galicia.