Non suxeición para os vehículos para persoas con mobilidade reducida
Enténdese como vehículo para persoas con mobilidade reducida, de acordo co Real decreto 339/1990 o “Vehículo cuxa tara non sexa superior a 350 kg, e que, por construción, non pode acadar en chairo unha velocidade superior a 45 km/h, proxectado e construído especialmente (e non meramente adaptado) para o uso de persoas con algunha disfunción ou incapacidade física. No referente ao resto das súas características técnicas se lles equiparará aos ciclomotores de tres rodas.”
Normativa
A Lei 38/1992, do 28 de decembro, de Impostos Especiais, establece no seu artigo 65.1.a) 6º. que estarán suxeitas ao imposto a primeira matriculación definitiva en España de vehículos, novos ou usados, provistos de motor para a súa propulsión, agás a de que se citan a continuación:
…
- º Os vehículos para persoas con mobilidade reducida.
Xustificantes e documentos requiridos na presentación
-
Ficha Técnica do vehículo .
Prazo de presentación
A presentación do modelo de solicitude realizarase antes da matrícula definitiva do medio de transporte, non podendo efectuar a mesma en tanto non se comprobase a realidade da non suxeición por parte da Administración Tributaria.
Lugar de presentación
Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria ou Administracións dependentes da mesma, en cuxa demarcación territorial teña o seu domicilio fiscal o obrigado tributario.
Modelo de solicitude
Modelo 06. Imposto Especial sobre determinados medios de transporte. Exencións e non suxeición sen recoñecemento previo.
Clave NS6