Por contribuíntes con discapacidade, de idade igual ou superior a 65 anos, que precisen axuda de terceiras persoas
Normativa: Art. 5. Seis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo
Contía e límite máximo da dedución
-
O 10% das cantidades satisfeitas a terceiros polos contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos afectados por un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e que precisen axuda de terceiras persoas.
-
Considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 por 100 cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao, así como nos casos de dependencia severa e gran dependencia, sempre que estas últimas situacións fosen recoñecidas polo órgano competente, de acordo co que se establece no artigo 28 da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
-
O límite máximo da dedución é de 600 euros.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro minorado no importe dos mínimos persoal e familiar, suma dos recadros [0435] e [0460] da declaración menos o importe do recadro [0520] da declaración, non supere os seguintes importes:
-
22.000 euros en tributación individual.
-
31.000 euros en tributación conxunta.
-
-
Que acredite a necesidade de axuda de terceiras persoas.
-
Que o contribuínte non sexa usuario de residencias públicas ou concertadas da Comunidade Autónoma de Galicia ou beneficiario do cheque asistencial da Xunta de Galicia.