Por gastos de adquisición de libros de texto
Normativa: Art. 4 Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño
Contía e límites máximos da dedución
-
O 100 % dos importes destinados á adquisición de libros de texto por cada fillo que curse estudos.
-
O importe da dedución por cada fillo non pode exceder de 220 euros por fillo.
-
O límite anterior será de 350 euros por fillo no caso de contribuíntes que á data de devindicación do imposto cumpran algún dos seguintes requisitos:
-
Sean menores de 30 anos.
-
Teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
-
Teñan dereito ao mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes no IRPF.
-
Sean o pai, a nai ou os pais que convivan co fillo ou os fillos sometidos á patria potestade e que integren unha familia numerosa, nos termos que establece o artigo 6 da Lei 8/2018, do 31 de xullo, de apoio ás familias.
-
Sean o pai ou a nai que convivan co fillo ou os fillos sometidos á patria potestade e que integren unha familia monoparental con dous ou máis fillos ou fillas de que prevé o artigo 7.7 da Lei 8/2018, do 31 de xullo, de apoio ás familias.
-
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Os libros de texto deben ser os editados para o desenvolvemento e a aplicación dos currículos correspondentes ao segundo ciclo de educación infantil, á educación primaria, á educación secundaria obrigatoria, ao bacharelato e aos ciclos formativos de formación profesional específica.
-
Unicamente poderán terse en conta, para os efectos da aplicación desta dedución, os gastos orixinados polos fillos que, pola súa parte, dean dereito ao mínimo por descendentes. Se os fillos conviven con ambos os dous pais e estes optan pola tributación individual, ratearanse tanto as cantidades satifechas como o límite máximo da dedución por partes iguais na declaración de cada un deles .
-
Que a suma da base impoñible xeral e a base impoñible do aforro recadros [0435] e [0460] da declaración, do contribuínte non supere as seguintes contías:
-
En xeral:
-
33.000 euros en tributación individual.
-
52.800 euros en tributación conxunta.
-
-
No suposto de familias numerosas ou monoparentais:
-
39.600 euros en tributación individual.
-
63.360 euros en tributación conxunta.
-
-
-
O contribuínte deberá conservar, a disposición da Administración tributaria as facturas ou os documentos equivalentes correspondentes.
Para contribuíntes falecidos antes do 26 de novembro de 2023
Contía e límites máximos da dedución
O límite da dedución será en todo caso de 220 euros.