Para fomentar o exercicio físico e a práctica deportiva
Normativa: Art. 32.17 Lei 10/2017, do 27 de outubro, pola que se consolidan as disposicións legais da Comunidade Autónoma de La Rioja en materia de impostos propios e tributos cedidos
Contías e límites da dedución
-
O 30 % dos gastos do contribuínte, do cónxuxe e daquelas persoas que dean dereito á aplicación do mínimo persoal e familiar, nos seguintes servizos relativos ao exercicio físico e a práctica deportiva:
-
Os prestados en ximnasios e instalacións deportivas.
-
Os prestados por entidades inscritas no Rexistro do Deporte de La Rioja.
-
As clases para a práctica do deporte ou a educación física.
-
As licenzas federativas emitidas por unha federación rioxana.
-
-
O 100 % dos gastos nos servizos anteriores nos casos de maiores de 65 anos e persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 33 %.
-
O límite máximo de dedución aplicable é de 300 euros anuais.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Os servizos deben estar orixinados no período impositivo e ser realizados no ámbito territorial de La Rioja.
-
A práctica da dedución está condicionada á súa xustificación documental mediante a correspondente factura completa ou ordinaria, nos termos previstos pola lexislación sobre as obrigas de facturación, sen que en ningún caso teña tal condición a factura simplificada.
-
Cando varios contribuíntes teñan dereito á aplicación desta dedución , as cantidades satisfeitas e o límite da mesma ratearanse por partes iguais.