Regularización pola percepción do importe do aboamento anticipado
Deben distinguirse dous supostos:
-
Contribuíntes non obrigados a declarar
Os contribuíntes non obrigados a presentar declaración polo IRPF deberán regularizar a súa situación tributaria cando o importe percibido por cada unha das deducións por persoas con discapacidade non se corresponda co do seu aboamento anticipado, mediante o ingreso das cantidades percibidas en exceso. Para iso, deben presentar o modelo 122, no prazo comprendido entre a data en que os pagamentos anticipados se percibisen de forma indebida ata que finalice o prazo para a presentación da declaración do IRPF correspondente ao exercicio en que se percibise o pagamento anticipado de forma indebida.
-
Contribuíntes obrigados a declarar
No caso de contribuíntes obrigados a declarar que percibisen o importe do aboamento anticipado de forma indebida, total ou parcialmente, deberán proceder a regularizar a súa situación na declaración do IRPF correspondente ao exercicio en que se percibise o aboamento anticipado indebidamente.