Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Comunidade Autónoma das Illes Balears

Normativa: Art. 2 do Texto Refundido das Disposicións Legais da Comunidade Autónoma das Illes Balears en Materia de Tributos Cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2014, do 6 de xuño

Os residentes da Comunidade Autónoma das Illes Balears aplicarán os seguintes importes en concepto de mínimos do contribuínte, por descendentes, por ascendentes e por discapacidade autonómica:

Mínimo do contribuínte

  •  6.105 euros anuais  por importe do mínimo por contribuínte xeral

  • Máis 1.265 euros anuais  por contribuínte maior de 65 anos.

  • Adicionalmente 1.540 euros anuais  por contribuínte maior de 75 anos.

Mínimo  polo segundo,  o mínimo polo terceiro e o mínimo polo cuarto e seguintes descendentes

  • 2970  euros anuais  polo segundo descendente.

  • 4.400 euros anuais  polo terceiro descendente.

  • 4.950 euros anuais  polo cuarto descendente e seguintes.

Mínimo por ascendentes

  • 1.265 euros anuais  por cada ascendente de máis de 65 anos ou con discapacidade.

  • Máis 1.540 euros anuais  por cada ascendente maior de 75 anos.

Mínimo por discapacidade  do contribuínte e de ascendentes ou descendentes

  • 3.300 euros anuais  por cada contribuínte, ascendente ou descendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

  • 9.900 euros anuais  por cada contribuínte, ascendente ou descendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

  • Máis 3.300 euros anuais  por cada contribuínte, ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Mínimo por discapacidade

Grado de discapacidade

Discapacidade

Gastos asistencia

Total

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %

3.300 €

3.300 €

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida

3.300 €

3.300 €

6.600 €

Igual ou superior ao 65 %

9.900 €

3.300 €

13.200 €

Para contribuíntes falecidos antes do 26 de novembro de 2023

Mínimo do contribuínte

  • 6.105 € anuais  con carácter xeral.

  • Máis 1.265 € anuais por contribuínte maior de 65 anos.

  • Adicionalmente 1.540 € anuais por contribuínte maior de 75 anos.

Mínimo para o terceiro, o cuarto e os seguintes descendentes

  • 4.400 € anuais polo terceiro descendente que xere dereito á aplicación do mínimo por descendentes.

  • 4.950 € anuais polo cuarto descendente e seguintes.

Mínimo por discapacidade

  • 3.300 € anuais cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

  • 9.900 € anuais cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

  • Máis 3.300 € anuais por cada contribuínte, ascendente ou descendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
Mínimo por discapacidade

Grado de discapacidade

Discapacidade

Gastos asistencia

Total

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %

3.300 €

3.300 €

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida

3.300 €

3.300 €

6.600 €

Igual ou superior ao 65 %

9.900 €

3.300 €

13.200 €