Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Por gastos derivados de controis veterinarios e vacinación

Normativa:  Arts. 12 nonies e 13 Lei 8/2013, do 21 de novembro, da Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha, de Medidas Tributarias

Contía e límite máximo da dedución

  • O  30 por 100  das  cantidades satisfeitas  no período impositivo e n concepto de gastos veterinarios e vacinación  derivada da tenza de  cans de asistencia.

    Terán a consideración de  gastos deducibles  os relativos a  vacinacións,  desparasitación,  esterilización  e  demais tratamentos que resulten obrigatorios  conforme á normativa específica aplicable aos cans de asistencia.

    Entenderase por  can de asistencia, o que tras superar un proceso de selección xenética e sanitaria finalizou o seu adestramento nunha entidade especializada e oficialmente recoñecida ou homologada na comunidade autónoma, coa adquisición das aptitudes necesarias para dar servizo e asistencia a persoas con discapacidade ou que padecen algunha das enfermidades indicadas no apartado seguinte.

    Os perrros de asistencia clasifícanse  nos seguintes tipos:

    1. Can guía: o can adestrado para guiar unha persoa con discapacidade visual, xa sexa total ou parcial, ou cunha discapacidade auditiva engadida.

    2. Can de sinalización de sons: o can adestrado para avisar as persoas con discapacidade auditiva da emisión de sons e da súa procedencia.

    3. Can de servizo: o can adestrado para prestar axuda e asistencia ás persoas con discapacidade física nas actividades da vida diaria, tanto no medio privado coma no externo.

    4. Can de aviso: o can adestrado para dar unha alerta médica a persoas que padecen crises recorrentes con desconexión sensorial derivadas dunha enfermidade específica como a diabete, a epilepsia ou outra enfermidade orgánica regulamentariamente recoñecida.

    5. Can para persoas con trastorno do espectro autista: o can adestrado para coidar da integridade física dunha persoa con trastorno do espectro autista, guiara e controlar as situacións de emerxencia que poida sufrir.

    Non terán tal consideración :

    1. Os cans utilizados en actividades de terapia asistida con animais, aínda cando as persoas destinatarias sexan persoas con discapacidade.

    2. Os cans utilizados en proxectos de atención ou tratamento a persoas vítimas de violencia de xénero ou doutros delitos, persoas en situación de risco ou exclusión social ou persoas maiores.

    3. Os cans destinados a prestar unha función de apoio emocional a persoas afectadas por trastornos da personalidade ou con enfermidades mentais.

    4. Calquera outros animais distintos dos da especie canina, á marxe da súa finalidade.

  • Establécese un  límite máximo  de  100 euros anuais por contribuínte.

Ámbito temporal de aplicación da dedución

A dedución resultará  aplicable  durante  todo o período de tenza do animal  por parte do contribuínte.

Requisitos para a aplicación da dedución

  • Que se recoñecese  a unidade de vinculación entre o suxeito pasivo e o can de asistencia,  por parte da consellaría competente en materia de benestar social, conforme á Lei 5/2018, do 21 de decembro, de acceso ao medio das persoas con discapacidade acompañada de cans de asistencia (BOE, 08-02-2019) ou por outra comunidade autónoma.

  • Que os  gastos  estean  debidamente xustificados mediante factura  expedida por profesional ou centro veterinario legalmente autorizado.

  • Que os  gastos  fosen  efectivameante satisfeitos  polo contribuínte.

  • Que os  gastos  non fosen subvencionados  por entidades públicas ou privadas.

  • Que a  suma da base impoñible xeral e a do aforro  do contribuínte, recadros  [0435] e  [0460] da declaración,  non supere :

    • - 27.000 euros  en tributación individual.

    • - 36.000 euros  en tributación conxunta.

Importante :  unha vez introducida polos contribuíntes con dereito á dedución a información necesaria para o seu cálculo, o seu importe aparecerá recollido no recadro [0969] do Anexo B.4 da declaración, "Outras deducións".