Rendementos de actividades económicas
Normativa: Arts. 30.2.5ª.a), 32.2.1º e 2º da Lei do IRPF e 26 do Regulamento do IRPF
En estimación directa teñen a consideración de gasto deducible para a determinación do rendemento neto cun límite de 1.500 euros, as primas de seguro de enfermidade satisfeita polo contribuínte na parte correspondente á súa propia cobertura e á do seu cónxuxe e fillos menores de 25 anos que convivan con el, cando se trate de persoas con discapacidade.
Así mesmo, para determinar o rendemento neto reducido polo método de estimación directa, os traballadores autónomos economicamente dependentes ou cun único cliente non vinculado, que cumpran determinados requisitos poden aplicar a redución establecida de 2000 euros e a adicional por rendementos netos inferiores a 19.747,50 euros e o contribuínte non teña rendas, excluídas as exentas, distintas das de actividades económicas superiores a 6.500 euros. Ademais, se son persoas con discapacidade, poden levar a cabo unha redución adicional ás anteriores de 3.500 euros anuais, con carácter xeral, ou de 7.750 euros se acreditan necesitar axuda de terceiras persoas, mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
O método de estimación obxectiva, contempla as seguintes reducións para a aplicación dos módulos:
-
Módulo de persoal non asalariado: o persoal non asalariado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %computarase ao 75 % (situación existente á devindicación do imposto).
-
Módulo de persoal asalariado: o persoal asalariado que sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %computarase nun 40 %. Se se obtén o grao de discapacidade durante o período impositivo, o cómputo da porcentaxe efectuarase respecto da parte do período en que se dean esas circunstancias.
-
Índice corrector por inicio de nova actividade: Cando os contribuíntes teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, os índices correctores aplicables serán do 0,60 se se trata do primeiro ano do exercicio da actividade, ou do 0,70 se se trata do segundo.