Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Rendementos do traballo

Normativa: Arts. 19.2.f) da Lei do IRPF e 46 do Regulamento do IRPF

Rendementos do traballo: para a persoa con discapacidade titular do patrimonio protexido as achegas teñen a consideración de rendementos de traballo polo importe en que estes rendementos excendan de tres veces o indicador público de renda de efectos múltiples (a devandita contía é o resultado de 8.400 x 3 = 25.200 €).

Rendementos do traballo en especie exenta: na exención por primas ou cotas satisfeitas pola empresa a entidades aseguradoras para a cobertura de enfermidade do traballador, o seu cónxuxe e descendentes increméntase o límite de exención a 1.500 euros cando estas sexan persoas con discapacidade.

Os gastos deducibles pola obtención de rendementos netos do traballo, con carácter xeral, son:

  • Gastos deducibles por rendementos do traballo. 2000 euros anuais, con carácter xeral, para todos os contribuíntes que obteñan rendementos do traballo.

  • Gastos deducibles por mobilidade xeográfica. Os gastos deducibles do punto primeiro incrementaranse en 2000 euros para os contribuíntes desempregados inscritos na oficina de emprego que acepten un posto de traballo que estea situado noutro municipio e esixa o traslado da súa residencia habitual ao novo domicilio. É aplicable no período impositivo en que se produza o cambio de residencia e no seguinte.

Os traballadores activos con discapacidade, ademais dos gastos anteriores que lles correspondan, terán dereito a un incremento dos devanditos gastos por discapacidade de traballadores activos, segundo o seguinte detalle:

Grado de discapacidade

Redución por discapacidade de traballadores activos
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 % 3.500 €
Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %que acrediten necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida

7.750 €

Igual ou superior ao 65 % 7.750 €

En tributación conxunta de unidades familiares con varios traballadores activos con discapacidade, o incremento de gasto deducible será único e aplicarase o importe do traballador activo da unidade familiar con maior grao de discapacidade.

O incremento de gasto por discapacidade de traballadores activos aplícase cando en calquera momento do período impositivo concorren estas dúas circunstancias simultaneamente:

  • Ter o grao de discapacidade esixido.

  • Ser traballador activo.

Como consecuencia da aplicación dos devanditos gastos pola obtención de rendementos netos do traballo, o saldo resultante non poderá ser negativo.