Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Vehículos

Aplicarase o tipo de IVE do 4 %ás seguintes operacións:

  1. As entregas, adquisicións intracomunitarias ou importacións dos seguintes vehículos  (artigo 91. Dous. 1. 4º da Lei 37/1992 e artigo 26 bis. Dous. 2 do Real decreto 1624/1992):

    • Vehículos para persoas de mobilidade reducida, entendendose como tal, de acordo co Real decreto Lexislativo 6/2015, o “Vehículo cuxa tara non sexa superior a 350 kg, e que, por construción, non pode acadar en chairo unha velocidade superior a 45 km/h, proxectado e construído especialmente (e non meramente adaptado) para o uso de persoas con algunha disfunción ou incapacidade física. No referente ao resto das súas características técnicas se lles equiparará aos ciclomotores de tres rodas.”

    • Cadeiras de rodas para uso exclusivo de persoas con discapacidade.

    • Autotaxis ou autoturismos especiais destinados a ser utilizados para o transporte de persoas con discapacidade en cadeira de rodas, directamente ou previa a súa adaptación.

    • Vehículos a motor que, previa adaptación ou non, deban transportar habitualmente a persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida, con independencia de quen sexa o condutor dos mesmos.

    Nos dous últimos casos requírese o previo recoñecemento da Administración tributaria do dereito do adquirente antes de efectuar a compra do vehículo. (*)

    Deberase acreditar que o destino do vehículo é o transporte habitual de persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida. Entre outros medios de proba serán admisibles os seguintes:

    1. A titularidade do vehículo a nome da persoa con discapacidade.

    2. Que o adquirente sexa cónxuxe da persoa con discapacidade ou teña unha relación de parentesco en liña directa ou colateral ata o terceiro grao inclusive.

    3. Que o adquirente estea inscrito como parella de feito da persoa con discapacidade no Rexistro de parellas ou unións de feito da Comunidade Autónoma de residencia.

    4. Que o adquirente teña a condición de titor, representante legal ou gardador de feito da persoa con discapacidade.

    5. Que o adquirente demostre a convivencia coa persoa con discapacidade mediante certificado de empadroamento ou por ter o domicilio fiscal na mesma vivenda.

    6. No suposto de que o vehículo sexa adquirido por unha persoa xurídica, que a mesma estea desenvolvendo actividades de asistencia a persoas con discapacidade ou, se é o caso, que conte dentro do seu cadro de persoal con traballadores con discapacidade contratados que vaian utilizar  habitualmente o vehículo.

    Requisitos:

    O tipo do 4 %aplicarase á  entrega, adquisición intracomunitaria ou importación dos vehículos para o transporte habitual de persoas con mobilidade reducida ou para o transporte de persoas con discapacidade en cadeira de rodas sempre que concorran os seguintes requisitos:

    • Que transcorresen  polo menos catro anos  desde a adquisición doutro vehículo en análogas condicións.

      Non obstante, este requisito non se esixirá no suposto de sinistro total dos vehículos, certificado pola entidade aseguradora ou cando se xustifique baíxaa definitiva dos vehículos.

      Tampouco se esixirá este requisito para os vehículos adquiridos para o transporte habitual de persoas con discapacidade en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida,  por persoas xurídicas ou entidades que presten servizos sociais de promoción da autonomía persoal e de atención á dependencia  a que se refire a Lei 39/2006, do 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás persoas en situación de dependencia, así como servizos sociais a que se refire o Real decreto Lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, desde que se destinen ao   transporte habitual de distintos grupos definidos de persoas ou á súa utilización en distintos ámbitos territoriais ou xeográficos  daqueles que deron lugar á adquisición ou adquisicións previas.

      En todo caso, o adquirente deberá xustificar a concorrencia das devanditas condicións distintas ás que se produciron na adquisición do anterior vehículo ou vehículos.

    • Que non sexan obxecto dunha  transmisión posterior por actos inter vivo durante o prazo de catro anos seguintes á súa data de adquisición.

    Para os efectos da aplicación do tipo do 4 %de IVE, consideraranse persoas con discapacidade aquelas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %. O grao de discapacidade ou a mobilidade reducida deberán acreditarse mediante certificación ou resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO) ou o órgano competente da Comunidade Autónoma correspondente.

  2. Os servizos de reparación dos seguintes vehículos  (artigo 91. Dous. 2. 1º da Lei 37/1992 e Real decreto Lexislativo 6/2015):

    • Vehículos  para persoas de mobilidade reducida, entendendose como tal, de acordo co Real decreto Lexislativo 6/2015 o “Vehículo cuxa tara non sexa superior a 350 kg, e que, por construción, non pode acadar en chairo unha velocidade superior a 45 km/h, proxectado e construído especialmente (e non meramente adaptado) para o uso de persoas con algunha disfunción ou incapacidade física. No referente ao resto das súas características técnicas se lles equiparará aos ciclomotores de tres rodas."

    • Cadeiras de rodas  para uso exclusivo de persoas con discapacidade.

  3. Os servizos de adaptación (non inclúe os servizos de reparación) dos seguintes vehículos para persoas con discapacidade e mobilidade reducida  (artigo 91. Dous. 2. 1º da Lei 37/1992):

    • Autotaxis e autoturismos para o transporte de persoas con discapacidade.

    • Vehículos a motor para o traslado habitual de persoas con mobilidade reducida, con independencia de quen sexa o condutor dos mesmos.


(*) Para facer a solicitude e achegar a documentación entre na seguinte ligazón: (Volver)

Recoñecemento do dereito