Comunidade Autónoma de Andalucía
-
Os contribuíntes con grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %teñen dereito a aplicar unha dedución de 100 € na cota íntegra autonómica, se cumpren os requisitos esixidos.
-
100 € polo cónxuxe ou parella de feito que non sexa declarante do imposto no exercicio e que teña a consideración legal de persoa con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %, cumprindose os requisitos establecidos.
As parellas de feito deberán estar inscritas no Rexistro de parellas de feito.
Non terán dereito a aplicar esta dedución os contribuíntes cuxos cónxuxes ou parellas de feito con discapacidade aplicasen a dedución para contribuíntes con discapacidade.
-
Os contribuíntes poden deducir da cota íntegra autonómica a cantidade de 100 € por cada ascendente ou descendente que dea dereito a aplicar o mínimo por discapacidade de ascendentes ou descendentes.
Adicionalmente, cando se acredite que as persoas con discapacidade necesitan axuda de terceiras persoas e xeren o dereito a aplicar o mínimo por gastos de asistencia, o contribuínte poderá deducirse o 15% do importe satisfeito á Seguridade Social en concepto da cota fixa que sexa por conta do empregador, co límite de 500 €.
Esta dedución só pode ser aplicada polo contribuínte titular do fogar familiar que conste como tal na Tesourería Xeral da Seguridade Social.
-
O cónxuxes ou parellas de feito e o pai ou a nai titular da familia monoparental con fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada, sempre que perciban rendementos do traballo ou de actividades económicas poderán deducirse por axuda doméstica o 15%, cun máximo de 250 €, do importe satisfeito por conta do empregador correspondente á cotización anual dun empregado do fogar familiar.