Comunidade Autónoma das Canarias
-
Na dedución por doazóns en metálico a descendentes ou adoptados menores de 35 anos para a adquisición da súa primeira vivenda habitual, establécense porcentaxes de dedución e contías máximas incrementadas cando o descendente teña unha discapacidade:
-
Igual ou superior ao 33 %, 2% da cantidade doada, cun máximo de 480 €.
-
Igual ou superior ao 65 %, 3% da cantidade doada, cun máximo de 720 €.
-
-
Por cada fillo nado ou adoptado que teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, pódese deducir da cota íntegra autonómica, adicionalmente ás cantidades establecidas con carácter xeral, a cantidade de 400 €, se se trata do primeiro ou segundo fillo con esa discapacidade, ou 800 € se se trata do terceiro ou posterior fillo con esa discapacidade, se cumpren os requisitos esixidos.
-
Por cada contribuínte cun grao de discapacidade superior ao 33 %establécese unha dedución de 300 € sempre que cumpran os restantes requisitos esixidos.
-
Para familias monoparentais con fillos maiores de idade con discapacidade, sempre que convivan co contribuínte e non teñan rendas anules, excluídas as exentas, superiores a 8.000 € ou dependan economicamente del e estean internados en centros especializados, establécese unha dedución de 100 € sempre que cumpran os restantes requisitos esixidos.
-
A dedución por familia numerosa é de 1.000 € para familias numerosas de categoría xeral, ou de 1.100 € de categoría especial (450 € ou 600 € aplicables con carácter xeral), cando algún do cónxuxes ou descendentes con dereito ao mínimo familiar teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %sempre que se cumpran os restantes requisitos esixidos.
-
Por obras de adecuación da vivenda habitual por persoas con discapacidade establécese a porcentaxe do 10 %das cantidades satisfeitas no período impositivo, calquera que sexa o seu importe.
-
O 10% dos gastos e honorarios profesionais abonados durante o período impositivo pola prestación de servizos realizada por quen teñan a condición de profesionais médicos ou sanitarios, agás farmacéuticos, conforme ao que se dispón nos artigos 2 e 3 da Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias, por motivo da prevención, diagnóstico e tratamento de enfermidades, saúde dental, embarazo e nacemento de fillos, accidentes e invalidez, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar.
Increméntanse en 100 €, as contías fixadas como límite, cando o contribuínte teña unha discapacidade, e acredite un grao igual ou superior ao 65 %.
-
Por familiares dependentes con discapacidade, 500 € por cada ascendente ou descendente cunha discapacidade superior ao 65 %, que xere dereito ao mínimo por discapacidade e cumpra os requisitos esixidos.
-
Por mínimo persoal, familiar e por discapacidade para residentes na illa da Palma durante o ano 2021 se se cumpren os requisitos esixidos en relación coa erupción volcánica: 9% sobre a base constituída polo 10 %de cada unha das contías correspondentes ao mínimo do contribuínte e aos mínimos por descendentes, ascendentes e discapacidade.
Esta dedución non é aplicable no caso de contribuíntes falecidos antes do 19 de setembro de 2021.
-
O 35% dos gastos abonados no exercicio por contribuíntes residentes na Illa da Palma, que cumpran os requisitos esixidos. A devandita dedución está suxeita a uns límites máximos cuxo importe, en caso de tributación individual, increméntase en 100 euros cando o contribuínte sexa unha persoa con discapacidade e acredite un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, sempre que cumpran os restantes requisitos esixidos.