Comunidade Autónoma de Cantabria
-
Os contribuíntes cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %poden aplicar a dedución do 10 %das cantidades satisfeitas no período impositivo por arrendamento da vivenda habitual con independencia da súa idade (con carácter xeral requírese ser menor de 35 anos ou maior de 65), co límite máximo de 300 € en tributación individual e 600 € en tributación conxunta, se cumpren os requisitos esixidos.
Esta dedución é incompatible coa dedución “Por contratos de arrendamento de vivendas situadas en zonas de Cantabria en risco de despoboamento e que constitúan ou vaian constituír a vivenda habitual do arrendatario ”.
-
Por cada ascendente ou descendente, cónxuxe ou irmán, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %pode aplicarse unha dedución de 100 €, se cumpren os requisitos esixidos.
Por descendente menor de 3 anos cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, procederá aplicar unha dedución de 100 euros por descendente e outros 100 euros por discapacidade. De forma análoga cabe proceder cos ascendentes.
-
O 15% das cantidades satisfeitas en obras realizadas en calquera vivenda ou vivendas da súa propiedade sempre que estean situada na Comunidade de Cantabria, ou no edificio en que a vivenda se encontre, e que teñan por obxecto algún dos contemplados no artigo 2.3 do Texto Refundido da Lei de Medidas Fiscais en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 62/2008, do 19 de xuño, pola Comunidade Autónoma de Cantabria se cumpren os requisitos esixidos.
A dedución terá un límite anual de: 1.000 € en tributación individual e 1.500 € en caso de tributación conxunta, incrementandose en 500 € en tributación individual cando o contribuínte teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
En tributación conxunta o incremento será de 500 € por cada contribuínte coa devandita discapacidade.
As cantidades satisfeitas no exercicio e non deducidas por exceder do límite anual, poderán deducirse nos dous exercicios seguintes.
-
15% das cantidades doadas a asociacións domiciliadas na Comunidade Autónoma de Cantabria que cumpran os requisitos da Lei 49/2002, do 23 de decembro, que persigan entre os seus fins o apoio a persoas con discapacidade.
-
10% dos gastos e honorarios profesionais, tanto propios como das persoas que se inclúan no mínimo familiar, abonados durante o ano pola prestación de servizos sanitarios por motivo de enfermidade, saúde dental, embarazo e nacemento de fillos, accidentes e invalidez, cando estes honorarios non estean cubertos pola Seguridade Social, Mutua ou entidade aseguradora correspondente do contribuínte.
A dedución terá un límite anual de: 500 € en tributación individual e 700 € en tributación conxunta, incrementandose en 100 € en tributación individual cando o contribuínte teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
En tributación conxunta o incremento será de 100 € por cada contribuínte coa devandita discapacidade.
-
Para familias monoparentais 200 euros anuais para o titular da familia monoparental se os fillos son menores e tamén para fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada, se cumpren os requisitos esixidos.