Comunidade Autónoma de Castela-A Mancha
-
Por familia numerosa, cando algún do cónxuxes ou descendentes teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %300 € se a familia numerosa é de categoría xeral e 900 € se é de categoría especial.
-
200 euros pola familia monoparental formada pola nai ou o pai separado legalmente ou sen vínculo matrimonial e as fillas e fillos maiores de idade que teñan establecidas algunha das medidas de apoio para o exercicio da súa capacidade xurídica de acordo coa lexislación civil.
-
Os contribuíntes cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 %, poden deducirse da cota íntegra autonómica a cantidade de 300 €, se cumpren os requisitos esixidos.
Por cada ascendente ou descendente que xere o dereito ao mínimo por discapacidade e que teña un grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 %, pode aplicarse unha dedución de 300 €, se cumpren os requisitos esixidos (cando varios contribuíntes teñan dereito a aplicar a dedución, o seu importe ratearase entre eles).
Ambas as dúas deducións son incompatibles entre si respecto dunha mesma persoa.
-
600 € por cada persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %que conviva co contribuínte durante máis de 183 días ao ano en réxime de acollemento sen contraprestación, con determinados requisitos.
-
Por arrendamento de vivenda habitual en Castela-A Mancha durante o período impositivo por persoas cun grao de discapacidade acreditado igual ou superior ao 65 %e dereito á aplicación o mínimo por discapacidade do contribuínte, se se cumpren os requisitos esixidos: 15% das cantidades satisfeitas polo arrendamento da vivenda que constitúa ou vaia a constituír a súa residencia habitual, cun importe máximo de 450 €.
Esta dedución é incompatible coas deducións “Por arrendamento de vivenda habitual por menores de 36 anos”, “Por arrendamento de vivenda habitual vinculado a determinadas operacións de dación en pagamento ”, “Por arrendamento de vivenda habitual por familias numerosas” e “Por arrendamento de vivenda habitual por familias monoparentais”.
Así mesmo, esta dedución é incompatible coa dedución “Por discapacidade do contribuínte ”.
-
O 15% das cantidades doadas para a cooperación internacional ao desenvolvemento e ás entidades para a loita contra a pobreza, a exclusión social e a axuda a persoas con discapacidade, sen que a base da dedución poida exceder do 10 %da base liquidable do contribuínte.