Comunidade Autónoma de Galicia
-
Por cada fillo nado ou adoptado que conviva co contribuínte que teña un grao de discapacidade recoñecido igual ou superior ao 33 %, poderá deducir (se cumpren os requisitos esixidos):
-
Se a base impoñible total menos o mínimo persoal e familiar é menor ou igual a 22.000 euros:
-
720 euros polo primeiro fillo
-
2.400 euros polo segundo fillo
-
4.800 euros polo terceiro fillo e seguintes
-
-
Se a base impoñible total menos o mínimo persoal e familiar é maior ou igual a 22.000,01 euros:
-
600 euros por fillo
-
720 euros por fillo en caso de parto múltiple
-
A dedución estende a súa aplicación aos dous períodos impositivos seguintes ao de nacemento ou adopción, sempre que o fillo nado ou adoptado conviva co contribuínte, con arranxo as contías e límites de renda establecida.
-
-
Os importes da dedución por familia numerosa duplícanse cando algún do cónxuxes ou descendentes aos que sexa aplicable o mínimo persoal e familiar teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, fixandose en 500 € ou 800 € segundo a categoría xeral ou especial da familia numerosa.
-
Os contribuíntes de idade igual ou superior a 65 anos que teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %e que precisen axuda de terceiras persoas, poden deducir o 10% das cantidades que lles satisfagan, co límite de 600 € se cumpren os requisitos esixidos.
-
As contías fixadas por alugamento da vivenda habitual (10% das cantidades satisfeitas cun límite máximo de 300 € e 20% cun máximo de 600 €) duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, e cúmprase cos requisitos establecidos.