Comunidade Autónoma do Principado de Asturias
-
Se o contribuínte ou o seu cónxuxe, descendentes ou ascendentes cos que conviva, son persoas con discapacidade en grao igual ou superior ao 65 %, pódese aplicar unha dedución do 3 %das cantidades investidas, con excepción dos intereses, na adquisición ou adecuación da súa vivenda habitual no Principado de Asturias, se cumpren os requisitos esixidos.
A aplicación desta dedución é independente da dedución por investimento en vivenda habitual prevista na disposición transitoria décimo oitava da Lei do IRPF.
-
Dedución de 303 € por familias monoparentais que teñan ao seu cargo fillos maiores de idade con discapacidade que convivan co contribuínte e non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 € sempre que cumpran os restantes requisitos esixidos.