Comunidade Autónoma da Rexión de Murcia
-
Os contribuíntes que teñan acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %terán dereito a aplicar na cota íntegra autonómica do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas unha dedución de 100 € cando se cumpran determinados requisitos esixidos.
-
Os contribuíntes poderán deducir 600 € por cada persoa maior de 65 anos ou con discapacidade igual ou superior ao 33 %, que conviva co contribuínte durante máis de 183 días ao ano en réxime de acollemento sen contraprestación, sempre que o acollemento non dea lugar á obtención de axudas ou subvencións da Comunidade de Autónoma da Rexión de Murcia.
Non se poderá practicar a presente dedución no suposto de acollemento de maiores de 65 anos, cando o acollido estea ligado ao contribuínte por un vínculo de parentesco de consanguinidade ou de afinidade de grao igual ou inferior ao cuarto.