Comunidade de Madrid
-
Por acollemento non remunerado de persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %unha dedución de 1.500 €, se convive co contribuínte durante máis de 183 días ao ano en réxime de acollemento sen contraprestación, sempre que o acollemento non dea lugar á obtención de axudas ou subvencións e a base impoñible do contribuínte non supere determinados importes.
Non se poderá practicar a presente dedución no suposto de acollemento de maiores de 65 anos, cando o acollido estea vinculado ao contribuínte por parentesco de grao igual ou inferior ao cuarto, de consanguinidade ou de afinidade.