Deducións por familia numerosa ou por persoas con discapacidade a cargo-DAFAS-
Deducións por familia numerosa ou persoas con discapacidade a cargo-DAFAS-Os contribuíntes que realicen actividades por conta propia ou allea de alta na Seguridade Social ou Mutualidade, os que perciban prestacións contributivas e asistenciais do sistema de protección do desemprego e os pensionistas, poderán minorar a cota diferencial do imposto nas seguintes deducións:
-
Por cada descendente con discapacidade con dereito á aplicación do mínimo por descendentes, ata 1.200 € anuais.
-
Por cada ascendente con discapacidade con dereito á aplicación do mínimo por ascendentes, ata 1.200 € anuais.
-
Por cónxuxe non separado legalmente, con discapacidade e que non teña rendas anuais excluídas as exentas, superiores a 8.000 €, ata 1.200 €.
Estas deducións calcularanse de forma proporcional ao número de meses en que se cumpran os requisitos previstos e terán como límite no caso de contribuíntes que realicen unha actividade por conta propia ou allea as cotizacións e cotas totais á Seguridade Social e Mutualidades en cada período impositivo.
Para máis información sobre estas deducións entre na seguinte ligazón: