Mínimo persoal e familiar
As circunstancias persoais e familiares do contribuínte teñen en cóntase para calcular o mínimo persoal e familiar, o cal constitúe a parte da base liquidable que, por destinarse a satisfacer necesidades básicas persoais e familiares do contribuínte, non se somete a tributación polo IRPF.
Para asegurar unha mesma diminución da carga tributaria para todos os contribuíntes con igual situación familiar, sexa cal for o seu nivel de renda, o importe correspondente ao mínimo persoal e familiar non reduce a renda do período impositivo para determinar a base impoñible, senón que pasa a formar parte da base liquidable para gravarse a tipo cero. Desta forma, os contribuíntes con iguais circunstancias persoais e familiares logran o mesmo aforro fiscal, calquera que sexa o seu nivel de renda.
Este mínimo é o resultado de sumar o mínimo do contribuínte e os mínimos por descendentes, ascendentes e discapacidade.
Mínimo do contribuínte
O mínimo do contribuínte establécese en 5.550 €, incrementandose en 1.150 € se ten máis de 65 anos e, adicionalmente, en 1.400 € se ten máis de 75 anos.
Xeral | 5.500 € |
Máis de 65 anos | 5.500 € + 1.150 € |
Máis de 75 anos | 5.550 € + 1.150 € + 1.400 € |
Mínimo por descendentes
Para beneficiarse do mínimo por descendentes, estes teñen que cumprir os seguintes requisitos:
-
Convivir co contribuínte que aplica o mínimo familiar (situación existente a data de devindicación do imposto; 31 de decembro de cada ano ou falecemento do contribuínte en día distinto).
Se asimilará á convivencia co contribuínte a dependencia con respecto deste último.
-
Ser menor de 25 anos, ou calquera que sexa a súa idade se o descendente ten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
-
Non ter rendas anuais superiores a 8.000 €, excluídas as exentas.
-
Non presentar declaración do IRPF con rendas superiores a 1.800 €.
Se asimilan aos descendentes, aos efectos da aplicación do mínimo familiar por descendentes, ademais daqueles vinculados ao contribuínte por tutela ou acollemento, a quen teñan atribuída por resolución xudicial o seu garda e custodia.
No caso de falecemento dun descendente que xere dereito ao mínimo por este concepto, a contía aplicable é de 2.400 euros.
1º | 2.400 € |
2º | 2.700 € |
3º | 4.000 € |
4º e seguintes | 4.500 € |
Para descendentes menores de 3 anos | +2.800 € |
No caso de falecemento | 2.400 € |
Mínimo por ascendentes
Para aplicar o mínimo por ascendentes, estes teñen que cumprir os requisitos seguintes:
-
O ascendente debe ter máis de 65 anos ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %calquera que sexa a súa idade.
-
Que conviva co contribuínte, polo menos, a metade do período impositivo. Considérase que conviven co contribuínte os ascendentes con discapacidade, que, dependendo do mesmo, sexan internados en centros especializados.
-
Que non teñan rendas anuais, excluídas as exentas, superiores a 8.000 €.
-
Que o ascendente non presente declaración do IRPF con rendas superiores a 1.800 €.
No caso de falecemento dun ascendente que xere dereito ao mínimo por este concepto, a contía aplicable é de 1.150 euros.
Máis de 65 anos ou con discapacidade (calquera idade) | 1.150 € |
Máis de 75 anos | 1.150 € + 1.400 € |
No caso de falecemento | 1.150 € |