Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Acreditación

O grao de discapacidade deberá acreditarse mediante certificado ou resolución expedida polo Instituto de Maiores e Servizos Sociais (IMSERSO)  ou polo órgano competente das Comunidades Autónomas (CC. AA.). Da mesma maneira acreditarase a necesidade de axuda de terceiras persoas ou a mobilidade reducida (segundo ditame dos Equipos de Valoración e Orientación dependentes das CCAA ).

A necesidade de axuda de terceiras persoas para desprazarse ao lugar de traballo ou para desempeñaro ou a mobilidade reducida para utilizar medios de transporte colectivo debe acreditarse con certificado ou resolución ao órgano competente das CCAA en valoración das discapacidades (baseandose no ditame dos Equipos de Valoración e Orientación dependentes das CCAA ).

Considerarase acreditado un grao de discapacidade:

  • Igual ou superior ao 33 %, aos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de Incapacidade Permanente Total, Absoluta ou Gran Invalidez e aos pensionistas de Clases Pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por Incapacidade Permanente para o servizo ou inutilidade.

  • Igual ou superior ao 65 %, para as persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acaden o devandito grao.