Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Por nacemento ou adopción dun fillo cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %

(Art. 110-3 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro)

Contía da dedución

200 euros  por cada fillo nado ou adoptado durante o período impositivo.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Que se trate do nacemento ou a adopción dun  fillo cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.

    O grao de discapacidade deberá estar referido á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro) e recoñecido mediante resolución expedida polo órgano competente en materia de servizos sociais.

  • Cando os fillos que dean dereito á dedución  convivan con máis dun contribuínte , o importe da dedución ratearase  por partes iguais.

Compatibilidade

Esta dedución é  compatible coas deducións “Por nacemento ou adopción do terceiro fillo ou sucesivos” e “Por adopción internacional de nenos”.

Doutra banda, é incompatible coa dedución “Por nacemento ou adopción do primeiro e / ou segundo fillo en poboacións de menos de 10.000 habitantes”.