Por alugamento da vivenda habitual
(Art. 5. Sete Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo)
Contías e límites máximos da dedución
-
O 10 % das cantidades satisfeitas durante o período impositivo en concepto de alugamento da vivenda habitual
Límite máximo da dedución : 300 euros por contrato e ano, tanto en tributación individual como en conxunta.
-
Se se teñen dous ou máis fillos menores de idade , a porcentaxe anterior de dedución elévase ao 20%, cun límite máximo da dedución de 600 euros por contrato e ano, tanto en tributación individual como en conxunta.
-
As contías fixadas para esta dedución duplicaranse no caso de que o arrendatario teña recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
-
Que a idade do contribuínte sexa igual ou inferior a 35 anos na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro). En caso de tributación conxunta, deberá cumprir este requisito polo menos un do cónxuxes ou, se é o caso, o pai ou a nai.
-
Que a data do contrato de arrendamento sexa posterior a 1 de xaneiro de 2003.
-
Que constituíse o depósito da fianza a que se refire o artigo 36.1 da Lei 29/1994, de arrendamentos urbanos, no Instituto Galego da Vivenda e Solo, ou ben posúa copia compulsada da denuncia presentada ante o devandito organismo por non haberlle entregado o devandito xustificante a persoa arrendadora.
-
Que a suma das bases impoñibles xerais e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere o importe de 22.000 euros, tanto en tributación individual como en conxunta.
-
Cando dous contribuíntes teñan dereito a esta dedución, o importe total da mesma, sen exceder do límite establecido por contrato de arrendamento, ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .
Tratandose de matrimonios en réxime de gananciais, a dedución corresponderá ao cónxuxes por partes iguais, aínda que o contrato estea só a nome dun deles .