Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Por familia numerosa

(Art. 5. Tres Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo)

Contías da dedución

  • En xeral

    • 250 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.

    • 400 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

  • Cónxuxes ou descendentes con discapacidade

    Cando algún do cónxuxes ou descendentes aos que sexa de aplicación o mínimo persoal e familiar do imposto teña un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, a dedución será:

    • 500 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría xeral.

    • 800 euros, cando se trate de familia numerosa de categoría especial.

Requisitos e outras condicións

  • O concepto de familia numerosa e a súa clasificación por categorías contéñense na Lei 40/2003, do 18 de novembro, de protección ás familias numerosas (BOE do 19 de novembro).

    O contribuínte debe posuír o título de familia numerosa na data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).

  • A dedución practicarase polo contribuínte con quen convivan os restantes membros da familia numerosa.

  • Cando os fillos convivan con máis dun contribuínte , o importe das deducións ratearase por partes iguais na declaración de cada un deles .