Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Para mulleres traballadoras

Contía da dedución

  • 300 euros cando se trate do primeiro fillo.

  • 350 euros cando se trate do segundo fillo.

  • 400 euros cando se trate do terceiro fillo ou sucesivos.

  • 400 euros por persoa dependente ao seu cargo.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

Esta dedución corresponderá exclusivamente a mulleres e serán requisitos para a súa aplicación:

  • Que a muller beneficiaria da dedución realice unha actividade por conta propia ou allea, pola que estea dada de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade.

  • Poderán xerar dereito á dedución:

    • Os fillos menores de 18 anos.

    • As persoas dependentes a cargo.

      Considérase persoa dependente, para os efectos desta dedución, ao ascendente maior de 75 anos e ao ascendente ou descendente cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, calquera que sexa a súa idade. Para a aplicación da dedución será requisito que a devandita persoa conviva co contribuínte durante máis de cento oitenta e tres días ao ano .

    Un mesmo fillo ou unha mesma persoa dependente a cargo non poderá dar dereito por esta dedución á aplicación de máis dunha contía das sinaladas no apartado “Contía da dedución ”, como fillo e como persoa dependente a cargo.

  • Que a suma da base impoñible xeral e da base impoñible do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración, non sexa superior a:

    • 20.000 euros en tributación individual.

    • 40.000 euros en tributación conxunta.

  • O importe da dedución por cada fillo menor de 18 anos ou persoa dependente ao seu cargo calcularase de forma proporcional ao número de días traballados durante o período impositivo.