Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Comunidade Autónoma de Galicia

(Art. 4 bis Texto Refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de tributos cedidos polo Estado, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2011, do 28 de xullo)

Os residentes da Comunidade Autónoma de Galicia aplicarán os seguintes importes en concepto de mínimos do contribuínte, por descendentes, por ascendentes e por discapacidade autonómica:

Mínimo do contribuínte

  • 5.789 € anuais con carácter xeral.

  • Máis 1.199 € anuais por contribuínte maior de 65 anos.

  • Adicionalmente 1.460 € anuais por contribuínte maior de 75 anos.

 Mínimo por descendentes

  • 2.503 € anuais polo primeiro descendente.

  • 2.816 € anuais polo segundo.

  • 4.172 € anuais polo terceiro.

  • 4.694 € anuais polo cuarto e seguintes.

Cando un descendente sexa menor de tres anos, a contía que corresponda ao mínimo por descendentes, das indicadas anteriormente, aumentarase en 2.920 € anuais.

Mínimo por ascendentes

  • 1.199 € anuais por cada ascendente maior de 65 anos ou con discapacidade calquera que sexa a súa idade.

  • Máis 1.460 € anuais por cada ascendente maior de 75 anos.

Mínimo por discapacidade do contribuínte e de ascendentes

  • 3.129 € anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

  • 9.387 € anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

  • Máis 3.129 € anuais por cada contribuínte ou ascendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Mínimo por discapacidade

Grado de discapacidade

Discapacidade do contribuínte e / ou ascendente

Gastos de asistencia

Contía total

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %

3.129 €

3.129 €

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida

3.129 €

3.129 €

6.258 €

Igual ou superior ao 65 %

9.387 €

3.129 €

12.516 €