Saltar ao contido principal
Manual específico para persoas con discapacidade

Comunitat Valenciana

(Art 2 bis de Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do imposto sobre a renda das persoas físicas e restantes tributos cedidos, da Comunitat Valenciana)

Os residentes da Comunitat Valenciana aplicarán os seguintes importes en concepto de mínimos do contribuínte, por descendentes, por ascendentes e por discapacidade autonómica:

Mínimo do contribuínte

  • 6.105 € anuais con carácter xeral.

  • Máis 1.265 € anuais por contribuínte maior de 65 anos.

  • Adicionalmente 1.540 € anuais por contribuínte maior de 75 anos.

Mínimo por descendentes

  • 2.640 € anuais polo primeiro descendente.

  • 2.970 € anuais polo segundo.

  • 4.400 € anuais polo terceiro.

  • 4.950 € anuais polo cuarto e seguintes.

Cando un descendente sexa menor de tres anos, a contía que corresponda ao mínimo por descendentes, das indicadas anteriormente, aumentarase en 3.080 € anuais.

Mínimo por ascendentes

  • 1.265 € anuais por cada ascendente maior de 65 anos ou con discapacidade calquera que sexa a súa idade.

  • Máis 1.540 € anuais por cada ascendente maior de 75 anos.

Mínimo por discapacidade do contribuínte e de ascendentes

  • 3.300 € anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %.

  • 9.900 € anuais por cada contribuínte ou ascendente, cando sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

  • Máis 3.300 € anuais por cada contribuínte ou ascendente que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida, ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.

Mínimo por discapacidade

Grado de discapacidade

Discapacidade do contribuínte e / ou ascendente

Gastos de asistencia

Contía total

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %

3.300 €

3.300 €

Igual ou superior ao 33 %e inferior ao 65 %e que acredite necesitar axuda de terceiras persoas ou mobilidade reducida

3.300 €

3.300 €

6.600 €

Igual ou superior ao 65 %

9.900 €

3.300 €

13.200 €

Os citados importes  non  serán aplicables aos contribuíntes que falecesen con anterioridade ao 28 de outubro de 2022.