Non tributan no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas
(Art. 7 da Lei do IRPF)
As seguintes rendas están exentas e non deben declararse polas persoas con discapacidade:
-
As prestacións económicas recoñecidas pola Seguridade Social ou polas entidades que as substitúan:
-
Consecuencia de incapacidade permanente absoluta ou gran invalidez.
-
As prestacións por maternidade ou paternidade e as familiares non contributivas reguladas, respectivamente, nos Capítulos VI e VII do Título II e no Capítulo I do título VI do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social, aprobado polo Real decreto Lexislativo 8/2015, do 30 de outubro, e as pensións e haberes pasivos de orfandade e a favor de netos e irmáns, menores de vinte e dous anos ou incapacitados para todo traballo, percibidos dos réximes públicos da Seguridade Social e clases pasivas.
-
-
As pensións por inutilidade ou incapacidade permanente do réxime de Clases Pasivas, sempre que a lesión ou enfermidade que fose causa das mesmas inhabilite por completo ao perceptor da pensión para toda profesión ou oficio, e as pagas igualmente por Clases Pasivas a favor de netos e irmáns incapacitados para todo traballo.
-
As prestacións que, en situacións idénticas ás anteriores, fosen recoñecidas aos profesionais non integrados no réxime especial da Seguridade Social dos traballadores por conta propia ou autónomos, polas Mutualidades de Previsión Social que actuen como alternativas ao réxime especial da Seguridade Social mencionado.
A contía exenta ten como límite o importe da prestación máxima que recoñeza a Seguridade Social polo concepto que corresponda.
O exceso tributará como rendemento do traballo.
-
As cantidades percibidas de institucións públicas por acollemento de persoas con discapacidade, en modalidade simple, permanente ou preadoptiva ou os equivalentes previstos nos ordenamentos das CCAA
-
As axudas económicas outorgadas por institucións públicas a persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %para financiar a súa estancia en residencias ou centros de día , se o resto das súas rendas non exceden do dobre do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM para 2022: 8.106,28 € - LÍMITE: 8.106,28 € X 2 = 16.212,56 €).
-
Os rendementos do traballo derivado das prestacións obtidas en forma de renda por persoas con discapacidade correspondente ás achegas ao sistema de previsión social especial constituído a favor das mesmas.
Tamén están exentos os rendementos do traballo derivado das achegas a patrimonios protexidos das persoas con discapacidade.
O límite anual desta exención é 3 veces o IPREM (2022: 8.106,28 € - LÍMITE: 8.106,28 € X 3 = 24.318,84 €).
Desde o 1 de xaneiro de 2015 o límite de exención deixou de ser conxunto e aplícase de forma individual e separada para cada un dos dous rendementos anteriores.
-
As prestacións económicas públicas vinculadas ao servizo, para coidados no medio familiar e asistencia personalizada que deriven da Lei de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.
-
As axudas excepcionais por danos persoais nos supostos de incapacidade permanente absoluta causada directamente polos sinistros aos que sexa de aplicación o Real Decreto-lei 2/2019, do 25 de xaneiro, o Real decreto-lei 11/2019, do 20 de setembro e outros.