Definición
Aos efectos do IRPF, teñen a consideración de persoas con discapacidade os contribuíntes que acrediten un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %.
En particular, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %no caso dos pensionistas da Seguridade Social que teñan recoñecida unha pensión de incapacidade permanente total, absoluta ou gran invalidez e no caso dos pensionistas de clases pasivas que teñan recoñecida unha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. Igualmente, considerarase acreditado un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, cando se trate de persoas cuxa incapacidade sexa declarada xudicialmente, aínda que non acade o devandito grao.