Rendementos de actividades económicas
(Arts. 30.2.5ª.a), 32.2.1º e 2º da Lei do IRPF e 26 do Regulamento do IRPF)
En estimación directa teñen a consideración de gasto deducible para a determinación do rendemento neto cun límite de 1.500 €, as primas de seguro de enfermidade satisfeita polo contribuínte na parte correspondente á súa propia cobertura e á do seu cónxuxe e fillos menores de 25 anos que convivan con el, cando se trate de persoas con discapacidade.
Así mesmo, para determinar o rendemento neto reducido polo método de estimación directa, os traballadores autónomos economicamente dependentes ou cun único cliente non vinculado, que cumpran determinados requisitos poden aplicar a redución establecida (2000 € e a adicional por rendementos netos inferiores a 14.450 €). Ademais, se son persoas con discapacidade, poden levar a cabo unha redución adicional ás anteriores de 3.500 € anuais, con carácter xeral, ou de 7.750 € se acreditan necesitar axuda de terceiras persoas, mobilidade reducida ou un grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %.
A Orde HFP/1335/2021, do 1 de decembro, pola que se desenvolve para 2022 o método de estimación obxectiva, contempla as seguintes reducións para a aplicación dos módulos:
-
Módulo de persoal non asalariado: o persoal non asalariado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %computarase ao 75 % (situación existente á devindicación do imposto).
-
Módulo de persoal asalariado: o persoal asalariado que sexa unha persoa cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %computarase nun 40 %. Se se obtén o grao de discapacidade durante o período impositivo, o cómputo da porcentaxe efectuarase respecto da parte do período en que se dean esas circunstancias.
-
Índice corrector por inicio de nova actividade: Cando os contribuíntes teñan un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, os índices correctores aplicables serán do 0,60 se se trata do primeiro ano do exercicio da actividade, ou do 0,70 se se trata do segundo.