Saltar ao contido principal
Manual de Importación e Exportación de envíos de escaso valor

b. Listaxe mensual do valor total das importacións por cada número de identificación para os efectos do IVE da IOSS

Os Estados membros deben elaborar unha listaxe mensual por cada número de identificación para os efectos do   IVE da  IOSS en que figure o valor total das importacións realizadas no seu territorio ás que se proporcionase un número de identificación válido no momento da importación. Para iso utilizarase o sistema Vixilancia (SURV) da Comisión. Así pois, as autoridades aduaneiras deberán enviar periodicamente ao devandito sistema todos os datos pertinentes das declaracións aduaneiras, con obxecto de elaborar os informes mensuais requiridos pola lexislación en materia de IVE. As autoridades fiscais dos Estados membros terán acceso aos informes mensuais da  IOSS directamente desde o sistema Vixilancia.

Estas usarán a devandita información para fins de control, comparando o valor aquí declarado co indicado na declaración do   IVE  presentado polo titular do número de identificación para os efectos do   IVE  da IOSS .