Saltar ao contido principal
Manual de Importación e Exportación de envíos de escaso valor

h) O E.D. 13 04 017 000 «N.º de identificación do importador »

A nota relativa a este  E.D. require que se indique o número de identificación da parte á que realmente se envíen os bens.

Indiquese o número  EORI da persoa en cuestión, definido no artigo 1, apartado 18, do AD CAU.

Esta nota debe lerse conxuntamente coa nota ao pé n.º 8 do anexo B do AD CAU: só debe facilitarse cando estea dispoñible. Porén, no caso de que o importador sexa un operador económico para o que se esixe un número EORI, e a declaración en aduana para despacho a libre práctica sexa presentada polo propio importador ou polo seu representante directo, na devandita declaración debe facilitarse o número EORI do importador, porque neses casos o importador é tamén o declarante. En caso de representación indirecta, o número EORI do importador debe proporcionarse sempre que o declarante dispoña del .

Cando o importador non dispoña dun número EORI, a administración aduaneira poderá atribuírlle un número ad hoc para a declaración considerada. Cando o importador non estea rexistrado no sistema EORI, por non ser un operador económico nin estar establecido na Unión, tén quese indicar o número que esixa a lexislación do Estado membro de que se trate.

Exemplos:

En caso de representación directa, a declaración en aduana preséntase en nome e por conta do importador, quen, polo tanto, tamén exerce como declarante.

O importador [o representado] pode ser un particular ou un operador económico. No caso de que unha empresa de transporte urxente represente, en calidade de representante aduaneiro directo, a un operador económico como importador na declaración en aduana H7, o representante directo do declarante/importador (que neste caso será a mesma persoa) debe facilitar o número EORI correspondente do declarante/importador no elemento de dato 1305 017 000 —número de identificación do declarante —.

Naqueles casos en que o representante aduaneiro directo represente un importador particular, aplicarase o seguinte:

  • Debe presentarse unha declaración en aduana H7 no Estado membro «A», e o importador (isto é, o destinatario) é un particular. A lexislación nacional nese Estado membro non esixe que os particulares estean rexistrados no sistema EORI. Neste caso, o  E.D. 13 04 017 000 debe deixarse en branco ou encherse conforme á lexislación nacional do devandito Estado membro, desde que a persoa que presente a declaración dispoña desta información no momento de presentara.
  • Debe presentarse unha declaración en aduana H7 no Estado membro «B» e o importador (isto é, o destinatario) é un particular. A lexislación nacional nese Estado membro esixe que os particulares estean rexistrados no sistema EORI. Neste caso, o número EORI do particular introdúcese no E.D. 13 04 017 000.

Todo o anterior é válido independente do mecanismo empregado para recadar o  IVE á importación (a IOSS, o réxime especial ou o mecanismo ordinario de recadación do IVE).

Non obstante, os Estados membros que esixan aos particulares o uso dun identificador de acordo co artigo 6, apartado 1, letra b), do AD CAU, poden continuar facendoo. Os Estados membros en que non se esixa o devandito rexistro, non deben introducir novas obrigas de cara á incorporar o conxunto de datos H7 no seu Sistema Nacional de Importación.