5. Bonificación extraordinaria e temporal do prezo final de determinados produtos enerxéticos
O artigo 15 do Real Decreto-lei 6/2022 aproba unha bonificación extraordinaria sobre o prezo de venda ao público de determinados produtos enerxéticos e aditivos, adquiridos entre os días 1 de abril e 31 de decembro de 2022 en instalacións de subministración de combustibles e carburantes polo miúdo ou a empresas que realicen vendas directas aos consumidores finais.
Esta bonificación farase efectiva mediante desconto sobre o prezo de venda ao público, impostos incluídos, equivalente ao importe da bonificación, que deberán aplicar en cada subministración as citadas instalacións e empresas.
Desde o 15 de abril de 2022, nos documentos que expidan as instalacións de subministración de combustibles e carburantes polo miúdo ou empresas que realicen vendas directas aos consumidores finais por subministracións aos que se aplique esta bonificación, debe constar polo menos unha das seguintes informacións:
-
O importe da operación, distinguindo o prezo antes de aplicar o desconto e despois de aplicar a bonificación, así como o importe da bonificación aplicada.
-
Referencia expresa á aplicación da bonificación recollida no citado Real Decreto-lei 6/2022.
Pode consultar nesta ligazón todas as cuestións relativas a esta bonificación extraordinaria e temporal.