1. Exención para dar resposta á pandemia da Covid-19
O Real Decreto-lei 24/2021, do 2 de novembro, modifica os artigos 22.Nove e 61 da Lei do IVE, con obxecto de establecer a exención do IVE ás importacións de bens, ás entregas de bens e as prestacións de servizos destinados á Comisión ou a un órgano ou organismo establecido de acordo co Dereito da Unión, cando adquiran os devanditos bens ou servizos para dar resposta á pandemia da COVID-19 no exercicio das súas funcións, sempre que os bens importados ou os bens e servizos adquiridos non se utilicen para realizar entregas ulteriores a título oneroso por parte da entidade beneficiaria da exención.
As exencións introducidas deberán aplicarse con efecto retroactivo desde o 1 de xaneiro de 2021 e con vixencia indefinida, sempre que as adquisicións se vinculen á loita contra a pandemia.
A aplicación retroactiva esixirá a rectificación das operacións efectuadas polos suxeitos pasivos polas que se devindicase o IVE desde o 1 de xaneiro de 2021 ata a súa entrada en vigor, con suxeición aos criterios xerais contidos na Lei do IVE.