8. Réxime fiscal aplicable ao acontecemento «UEFA Europa League 2022»
Con motivo da celebración do final da «UEFA Europa League 2022» en Sevilla, regúlase con efectos desde o 2 de marzo de 2022, na disposición adicional sexta do Real Decreto-lei 3/2022, do 1 de marzo, un réxime fiscal específico no IVE aplicable á entidade organizadora e aos equipos participantes no devandito acontecemento:
-
Non se esixirá o requisito de reciprocidade establecido no número 2º do artigo 119.1 da Lei do IVE, na devolución das cotas a empresarios ou profesionais non establecidos na Comunidade que soporten ou satisfagan cotas do Imposto como consecuencia da realización de operacións relacionadas coa celebración deste acontecemento.
-
Aplicarase o réxime de devolución mensual aos empresarios ou profesionais non establecidos no territorio de aplicación do imposto que teñan a condición de suxeitos pasivos que soporten ou satisfagan cotas como consecuencia da realización de operacións relacionadas coa celebración do acontecemento. Non obstante, os devanditos empresarios ou profesionais non terán a obriga da leva dos Libros Rexistro do Imposto a través da Sede Electrónica da AEAT.
Os empresarios e profesionais non establecidos no territorio de aplicación do imposto en que concorran os requisitos previstos nos artigos 119 ou 119 bis da Lei do IVE, deberán solicitar a devolución das cotas soportadas conforme ao procedemento establecido nos devanditos artigos.
-
Os empresarios ou profesionais non establecidos na Comunidade, Canarias, Ceuta ou Melilla, ou nun Estado co que existan instrumentos de asistencia mutua análogos aos instituídos na Comunidade, non cumprirá que nomeen un representante para os efectos do cumprimento das obrigas impostas na Lei do IVE.
-
A importación de bens que se vinculen temporalmente ao desenvolvemento e celebración deste acontecemento, están exentas nos termos do artigo 24 da Lei do IVE. O prazo máximo de utilización ao que se fai referencia na letra g) do artigo 9.3º da Lei do IVE, será para estes bens de 24 meses.
-
Non resultará de aplicación a regra de utilización efectiva á que se refire o apartado Dous do artigo 70 da Lei do IVE, cando os servizos sexan prestados polas persoas xurídicas residentes en España constituída con motivo do acontecemento pola entidade organizadora ou polos equipos participantes e estean en relación coa organización, a promoción ou o apoio do devandito acontecemento.