Cesión do imposto ás Comunidades Autónomas de réxime común
De acordo co que se dispón no apartado catro do artigo único da Lei Orgánica 3/2009, do 18 de decembro, que modifica o artigo décimo primeiro da Lei Orgánica 8/1980, de Financiamento das Comunidades Autónomas, e con efectos desde o 1 de xaneiro de 2009, cédese ás Comunidades Autónomas o 50 por cento do rendemento do Imposto sobre o Valor Engadido producido no seu territorio.
Considérase producido no territorio dunha Comunidade Autónoma o rendemento cedido do Imposto sobre o Valor Engadido que corresponda ao consumo na devandita Comunidade Autónoma, segundo o índice de consumo territorial certificado polo Instituto Nacional de Estatística e elaborado para os efectos da asignación do Imposto sobre o Valor Engadido por Comunidades Autónomas.
Non existe posibilidade de asumir competencias normativas por parte das Comunidades Autónomas en relación co Imposto sobre o Valor Engadido.
Por último, en relación con este imposto, a xestión, liquidación, recadación e inspección, así como a revisión dos actos ditados en vía de xestión levarase a cabo polos órganos estatais que teñan atribuídas as funcións respectivas, sen que exista posibilidade de que as Comunidades Autónomas se fagan cargo, por delegación do Estado, das competencias citadas.