Regra xeral
Ambos os dous impostos gravan a transmisión de bens ou dereitos. Aplícase o IVE cando quen transmite é empresario ou profesional, e aplícase o concepto «Transmisións Patrimoniais Onerosas» cando quen transmite é un particular.
Exemplo:
Un coche de segunda man comprada a un concesionario estará gravado polo IVE que debe repercutir o concesionario ao comprador. Pola contra, se a compra se efectúa a un particular, o imposto que debe pagar o adquirente é o Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados.
Unha diferenza fundamental entre ambos os dous impostos é a posibilidade de dedución do IVE cando o soporta un empresario. En tanto que as cantidades pagas polo concepto «Transmisións Patrimoniais Onerosas» constitúen un custo para o empresario, o IVE non éo, tendo en conta que pode ser obxecto de dedución na autoliquidación correspondente.
Como regra xeral, prodúcese a incompatibilidade de ambos os dous impostos de maneira que, en principio, as operacións realizadas por empresarios e profesionais no exercicio da súa actividade empresarial ou profesional non estarán suxeitas ao concepto «Transmisións Patrimoniais Onerosas» do Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, senón ao IVE.