Prestación de servizos
A Lei do IVE define as prestacións de servizos como toda operación suxeita ao imposto que non teña a consideración de entrega, adquisición intracomunitaria ou importación.
En particular, considérase que son prestacións de servizos:
-
O exercicio independente dunha profesión, arte ou oficio.
-
Os arrendamentos de bens, industria ou negocio, empresas ou establecementos mercantís.
-
As cesións de uso ou gozo de bens.
-
As cesións e concesións de dereitos de autor, licenzas, patentes, marcas e demais dereitos da propiedade intelectual e industrial.
-
As obrigas de facer e non facer e as abstencións pactadas en contratos de axencia ou venda en exclusiva ou derivadas de convenios de distribución de bens en áreas delimitadas.
-
As execucións de obra que non sexan entregas de bens.
-
Os traspasos de locais de negocio.
-
Os transportes.
-
Os servizos de hostalaría, restaurante ou acampamento e a venda de bebidas e alimentos para o seu consumo inmediato no mesmo lugar.
-
As operacións de seguro, reaseguro e capitalización.
-
Os servizos de hospitalización.
-
Os préstamos e créditos en diñeiro.
-
O dereito a utilizar instalacións deportivas ou recreativas.
-
A explotación de feiras e exposicións.
-
As operacións de mediación e as de axencia ou comisión cando o axente ou comisionista actúe en nome alleo.
-
A subministración de produtos informáticos cando non teñan a condición de entrega de bens, considerandose accesoria á prestación de servizos a entrega do soporte. En particular, considerarase prestación de servizos a subministración de produtos informáticos que fosen confeccionado previo encargo do seu destinatario conforme ás especificacións deste , así como os que sexan obxecto de adaptacións substanciais necesarias para o uso polo seu destinatario.