Importe sobre o que se aplica o tipo impositivo. Base impoñible
A base impoñible do imposto é a cantidade sobre a que debe aplicarse o tipo, é dicir, é a cuantificación ou valoración monetaria do feito impoñible.
Con carácter xeral, a base impoñible será o importe da contraprestación , definido como veremos a continuación para cada tipo de operación.
Cando o importe da contraprestación non se coñece no momento da devindicación débese fixar a base impoñible provisionalmente, aplicando criterios fundados e rectificara posteriormente cando o importe sexa coñecido, se este importe non coincide co que se fixou provisionalmente.