Responsables do imposto
-
Establécese a responsabilidade solidaria no pagamento da débeda tributaria das seguintes persoas:
-
Os destinatarios das operacións que mediante acción ou omisión culposa ou dolosa, eludan a correcta repercusión do imposto. A responsabilidade acadará á sanción que poida proceder.
-
En caso de importacións de bens:
-
As asociacións garantes nos casos determinados nos Convenios Internacionais.
-
A RENFE, cando actúe en nome de terceiros en virtude de Convenios Internacionais.
-
As persoas ou entidades que actuen en nome propio e por conta dos importadores.
-
-
-
Establécese a responsabilidade subsidiaria no pagamento da débeda tributaria das seguintes persoas:
-
Os Axentes de Aduanas que actuen en nome e por conta dos seus comitentes.
-
Os empresarios ou profesionais que sexan destinatarios de operacións en que debesen razoablemente presumir que o imposto repercutido ou que debese repercutirse non fose nin vaia a ser obxecto de ingreso.
Considérase que se produce esta situación cando se satisfixese un prezo notoriamente anómalo.
Enténdese por prezo notoriamente anómalo:
-
O que sexa sensiblemente inferior ao correspondente aos devanditos bens nas condicións en que se realizou a operación ou o satisfeito en adquisicións anteriores de bens idénticos.
-
O que sexa sensiblemente inferior ao prezo de adquisición dos devanditos bens por parte de quen efectuou a entrega.
Non se considerará prezo notoriamente anómalo o que se xustifique pola existencia de factores económicos distintos á aplicación do imposto.
Ademais de que se entenda que se satisfixo un prezo notoriamente anómalo, para declarar este tipo de responsabilidade esíxese outro requisito:
A Administración tributaria deberá acreditar a existencia dun imposto repercutido ou que debese repercutirse que non foi obxecto de declaración e ingreso.
-
-
Os titulares dos depósitos distintos dos aduaneiros do pagamento da débeda tributaria que corresponda á saída ou abandono dos bens destes depósitos.
-