Procedemento de regularización
A regularización das deducións por bens de investimento realízase da seguinte forma:
-
Pártese da dedución efectuada no ano de compra.
-
Réstase a que correspondería o ano de regularización aplicando á cota soportada a porcentaxe definitiva deste ano.
-
A diferenza positiva ou negativa divídese entre 5 (ou entre 10 se se trata de terreos ou edificacións) e o cociente que resulte é a contía do ingreso ou dedución complementaria a efectuar, respectivamente.
Os ingresos e deducións complementarias efectuaranse na última autoliquidación do exercicio.
Exemplo:
Unha empresa adquiriu unha máquina no ano “n-1” por 20.000 euros, máis 4.200 euros de IVE. A pro rata de “n-1” foi do 50 %.
Imos ver as distintas posibilidades que poden darse en función das operacións realizadas en “n”.
-
Se a pro rata de “n” é do 67 %.
Hai que regularizar, porque o porcentaxe de dedución aplicable o ano da repercusión (“n-1”) e o aplicable o ano da regularización difiren en máis de 10 puntos porcentuais: (50% - 67 %) = 17%
Ten dereito a unha dedución complementaria de 142,8 euros que se reflectirán no recadro «Regularización bens de investimento» do modelo de declaración.
-
A porcentaxe de pro rata de “n” é do 58 %.
Ao diferir en menos de 10 puntos o porcentaxe de pro rata aplicable en “n” (58 %) do aplicable en “n-1” (50 %), non procede practicar regularización polos investimentos: (50% - 58 %) = 8%
-
A porcentaxe de dedución de “n” é do 30 %.
Procede regularizar as deducións practicadas por haber unha diferenza superior a 10 puntos nas porcentaxes: (50% - 30 %) = 20%
Polo tanto, consignarase no recadro «Regularización bens de investimento» do modelo de declaración a cantidade de 168 euros precedidos do signo menos, é dicir, unha menor dedución que supón un ingreso complementario.