Saltar ao contido principal
Manual práctico IVE 2022.

Cuestións máis frecuentes expostas neste capítulo

1. Para calcular o volume de operacións debe o empresario ou profesional incluír o importe daquelas respecto das cales é suxeito pasivo do IVE por investimento?

Non, o importe destas operacións deberá ser computado, se é o caso, polo transmitente do ben ou o prestador do servizo que é o que realiza a operación.

2. Un suxeito pasivo que tributa polo réxime xeral, por renunciar ao réxime especial da agricultura, gandaría e pesca pode volver tributar por este réxime?

Si, unha vez transcorridos tres anos desde a renuncia pode revogara no mes de decembro do ano anterior ao que queira volver tributar polo réxime especial da agricultura, gandaría e pesca.

3. Un agricultor acollido ao réxime especial da agricultura, gandaría e pesca vende parte da súa colleita a outro agricultor que tamén tributa por este réxime especial pode obter nesta venda a compensación propia deste réxime?

Non, ao entregar os seus produtos a outro agricultor en réxime especial non obtén compensación nin pode repercutir cantidade algunha en concepto de IVE.

4. Un revendedor de bens que adquire mobiliario dun avogado soportando IVE pode aplicar na venda o réxime especial de bens usados, obxectos de arte, antigüidades e obxectos de colección?

Non, non é aplicable o réxime especial por adquirir os bens dun suxeito pasivo do imposto que tributou polo réxime xeral.

5. Cando unha axencia de viaxes realiza unha viaxe que se desenvolve fóra e dentro da Unión Europea que debe terse en conta para calcular a base impoñible?

Neste caso, unicamente debe terse en conta os servizos prestados pola axencia que correspondan a entregas de bens ou prestacións de servizos adquiridos para os viaxeiros dentro da Comunidade.

6. Un comerciante retallista que vende radios para automóbiles debe tributar polo réxime especial da recarga de equivalencia?

Non, o réxime especial non é aplicable aos comerciantes retallistas que comercialicen accesorios de vehículos automóbiles.

7. En que consiste o Réxime especial do criterio de caixa?

O RECC atrasa a devindicación do imposto e con iso a declaración e ingreso do IVE repercutido ata o momento do cobramento aos clientes, aínda que atrasa igualmente a dedución do IVE soportado ata o momento do pagamento aos seus provedores (criterio de caixa dobre), todo iso coa data límite do 31 de decembro do ano inmediato posterior a aquel en que as operacións se efectuasen.