Non aplicación do réxime especial
A pesar do carácter obrigatorio deste réxime especial, establécese a posibilidade, a exercitar operación por operación, de aplicar o réxime xeral do Imposto, sempre que o destinatario das operacións sexa un empresario ou profesional que teñan, nalgunha medida, dereito ben á dedución, ben á devolución das cotas soportadas do Imposto.
Esta opción de aplicar o réxime xeral debe comunicarse por escrito ao destinatario da operación. Non obstante, presúmese esta comunicación cando a factura que se expida non conteña a mención de «réxime especial das axencias de viaxes».