Renuncia á exención
O transmitente pode renunciar a esta exención cando concorran as condicións seguintes:
-
En caso de entregas de ouro de investimento:
-
Que o transmitente se dedique de forma habitual á realización de actividades de produción de ouro de investimento ou de transformación de ouro que non sexa de investimento en ouro de investimento.
-
Que a entrega respecto da que se efectúa a renuncia á exención teña por obxecto ouro de investimento resultante das actividades citadas na letra a) anterior.
-
Que o adquirente sexa un empresario ou profesional que actúe como tal.
A renuncia á exención practicarase por cada operación realizada polo transmitente e debe comunicarse por escrito ao adquirente con carácter previo ou simultáneo á entrega de ouro de investimento. Así mesmo, deberá comunicarlle por escrito que a condición de suxeito pasivo recae sobre o adquirente.
-
-
En caso de servizos de mediación en nome e por conta allea nas operacións exentas:
-
Que o destinatario do servizo sexa un empresario ou profesional que actúe como tal.
-
Que se efectúe a renuncia á exención correspondente á entrega do ouro de investimento a que se refire o servizo de mediación.
A renuncia á exención practicarase por cada operación realizada polo prestador do servizo, o cal deberá estar en posesión dun documento subscrito polo destinatario do servizo en que este faga constar que na entrega de ouro a que o servizo de mediación se refire efectuouse a renuncia á exención.
-