Prazo e contía mínima solicitude de devolución
1. Prazo de solicitude de devolución
O prazo para a presentación da solicitude de devolución concluirá o 30 de setembro seguinte ao ano natural en que se soportasen as cotas.
2. Contía mínima da solicitude de devolución
O importe do IVE solicitado nunha solicitude relativa a un período de devolución inferior a un ano natural, pero non inferior a tres meses, non poderá ser inferior a 400 euros.
Se a solicitude de devolución se refire a un período de devolución dun ano natural ou á parte restante dun ano natural, o importe do Imposto solicitado non poderá ser inferior a 50 euros.