Saltar ao contido principal
Manual práctico IVE 2022.

Requisitos

A devolución das cotas de IVE soportado nas adquisicións de bens por aqueles viaxeiros non establecidos no territorio da Comunidade, realízase mediante o reembolso das cantidades satisfeitas, desde que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Que os viaxeiros teñan a súa residencia habitual fóra do territorio da Comunidade . A residencia habitual dos viaxeiros acreditarase mediante o pasaporte, un documento de identidade ou outro medio de proba admitida en dereito.

  2. Que os bens adquiridos saian efectivamente do territorio da Comunidade.

  3. Que o conxunto de bens adquiridos non constitúa unha expedición comercial, é dicir, que se trate de bens adquiridos ocasionalmente para uso persoal ou familiar ou para ser ofrecidos como agasallos e que pola súa natureza e cantidade non poida presumirse a súa utilización comercial.

  4. Que a adquisición dos bens estea documentada en factura.