Obrigados a presentar declaración censual
Están obrigados a presentar a declaración censual:
-
As persoas ou entidades establecidas no territorio de aplicación do imposto que teñan a consideración de empresarios ou profesionais.
-
As persoas ou entidades non establecidas no territorio de aplicación do imposto cando sexan suxeitos pasivos.
-
As persoas xurídicas que non actuen como empresarios ou profesionais cuxas adquisicións intracomunitarias de bens estean suxeitas ao IVE.
Como excepción non están obrigados as persoas ou entidades que realicen exclusivamente as seguintes operacións:
-
Arrendamentos de bens inmobles exentos do IVE (sempre que a súa realización non constitúa o desenvolvemento dunha actividade empresarial de acordo coa normativa do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas).
-
Entregas ocasionais de medios de transporte novo exentas do IVE por destinarse a outro Estado membro.
-
Adquisicións intracomunitarias exentas do IVE por operación triangular.